Lilith fai unha nova proposta en colaboración co Centro Sociocultural da Trisca de Santiago de Compostela.
Curso de Ioga para Mulleres Embarazadas.
(a partir da 12 semana)
Todos os martes a partir do 20 de outubro
de 7:30 a 21:00h
Profesora: Rocío Rodriguez Ferreiro
Inscripcións no tlf 981-571469 (tlf de Lilith)
Límite de prazas
Gratuito
* (será preciso un certificado médico que garanta que se pode facer Ioga).
O Exercício do Ioga durante o embarazo favorece:
- Tomar conciencia sobre o corpo e recoñecer as necesidades propias.
- Relaxarse e ereducir ou evitar o estrés.
- Diminuir as molestias que poden acompañar o embarazo.
- Ser consciente do bebé e procurarlle un desenvolvemento san.
- Fortalecer e flexibilizar os músculos das pernas para levar mellor o peso.
- Desbloquear as costas e a pelvis preparándoas para o parto.
- Activar a circulación do sangue e da linfa, previndo as varices e a retención de líquidos.
- Desenvolver unha actitude positiva.
- Predispoñernos para estar nas condicións físicas e mentais que favorecen o parto.
- Aumentar os noveis de enerxía de cara ao parto e para a recuperación posterior.
- Etc...