terça-feira, 23 de setembro de 2008

Autodefensa Feminista en Vigo

Con esta actividade pretendemos facer un achegamento da autodefensa feminista para mulleres que traballan con mulleres. Trátase dunha formación difícil de atopar no territorio galego, e que consideramos oportuno para o currículo das profesionais do eido do xénero. Pola súa extensión (8 horas), consideramos que é un primeiro achegamento a esta formación que pode servir de semente para continuar a quen así o decida.

Destinatarias (por orde de preferencia):

1º.- Asociacións de mulleres, preferentemente de Vigo

2º.- Vogalías e secretarías da muller da cidade

3º.- Mulleres profesionais de Vigo que traballen con mulleres en institucións públicas ou privadas e que apliquen a perspectiva de xénero e de igualdade de oportunidades na súa practica profesional.

IMPORTANTE: Co obxecto de ofrecer o curso ao maior número de colectivos, só aceptarase a incrición de 2 participantes por entidade ou asociación.

Docente: Conchi Arnal Claro: Monitora especializada en técnicas de autodefensa con 25 anos de experiencia con grupos de mulleres.

Metodoloxía:

A metodoloxía é práctica e participativa. Faránse exercicios de quentamento, e aprendizaxe e automatización de técnicas básicas de autodefensa. Ademais de xogos e dinámicas que permitan liberar tensións, recoñecer sensacións de medo, e exercitar actitudes baseadas na seguridade nunha mesma.

Obxectivos:

  • Achegar as prácticas e a filosofía da autodefensa para mulleres desde a perspectiva do xénero.
  • Preparar fisicamente ás participantes para que poidan sentirse en forma, a gusto consigo mesmas e para que sexan capaces de repeler un ataque corporal de tipo violento.
  • Preparar as mulleres para que poidan liberarse do medo, atopar seguiridade en si mesmas, e dotarse de mecanismos para utilizar ante ataques verbais e vexatorios.
  • Romper estereoripos e roles adquiridos a través da educación que reforzan actitudes desiguais para mulleres e homes.
  • Complementar a formación das mulleres profesionais que xa traballan con mulleres

Prazas Gratuítas: Máximo de 25 participantes.

Inscricións: As inscricións ralizaranse na Concellería de Igualdade. 1ª planta da Casa do Concello. Teléfono 986 810 284 en horario de 8 a 15 h. ata completar o número de prazas.

Tuppersex en Vigo

Ante a gran demanda que tivo o anterior Tuppersex de "Los Placeres de Lola" celebrado o pasado maio no Concello de Vigo, a Concellería de Igualdade programa e convoca dous novos cursos onde colaboran Lilith.Acción Social e Educativa e Los Placeres de Lola.

En distintas datas para que as mulleres participantes poidan elixir a que máis lles interese.

Así, a Concellería abre o prazo de inscrición para 2 cursos sobre Obradoiro de erotismo para mulleres.

A información completa sobre esta actividade (inscricións, obxectivos, horarios, etc) pódese consultar na sección de "Novas" da páxina web da Concellería de Igualdade
Agardamos que esta iniciativa sexa do voso interese.


Saúdos

terça-feira, 25 de março de 2008

Erótica para Mulleres

Benqueridas amigas:

Convidámosvos a participar e divulgar esta interesante e anovadora actividade


“Erotica de mulleres e xoguetería (Tuppersex)”

Los Placeres de Lola


Obradoiro para mulleres adultas


Imparte: “Los placeres de Lola” (Madrid)

Organiza: Lilith. Acción Social e Educativa

Data: 28 de marzo (venres)

Horario: de 20 a 22h

Lugar: Local de Berrobambán. Avda de Lugo nº 12 (ao lado da estación de tren) Santiago

Precio: 15€ (10€ se vindes 5 mulleres)

Prazas limitadas

Reserva de praza por rigurosa orde de recepción e abono escribindo a lilithempresa@gmail.com


O obradoiro ten tanto un fin formativo coma lúdico. O achegamento à temática faise desde a perspectiva de xénero, priorizando a retirada de mitos, tabúes e prexuizos deste sistema que nos domina. Convídanos a coñecernos, a desfrutar, a reivindicar, a reapropiarnos e descubrir a nosa sexualidade.


“Los placeres de Lola” é un proxecto de mulleres feministas que cren nas redes de mulleres como piar básico de apoio. Ademáis, é de destacar, a profisionalidade e ampla experiencia da que poderás desfrutar se asistes à primeira vez que amosan a súa labor na Galiza.


O que queremos:

  • Favorecer o autocoñecemento erótico.
  • Facilitar a adquisición, desenvolvemento e interiorización de hábitos saudábeis, autoestima, seguridade e a posta en práctica a través do fomento da autoexploración sexual.
  • Sensibilizar sobre a importancia do autodescubrimento do noso pracer, a través do coñecemento da nosa anatomía fisiolóxica, as tipoloxías de xoguetes eróticos que existen no mercado e o seu uso.

De que vamos falar:

·Aclaración de conceptos básicos: anatomía e fisioloxía sexual, pracer, xoguetería erótica.

· Reseña histórica: dildos, vibradores.

· Información do uso e práctica da xoguetería erótica (haberá opción de mercar os productos se algunha ten interese)

· Casos prácticos.

· Aclaración de dúbidas.

Será activo e participativo favorecendo a implicación das participantes. O ritmo do obradoiro marcámolo en función do grupo, dos coñecementos e das súas expectativas.

RESERVA A TÚA PRAZA E DESFRUTA!!! ANÍMATE E VEN!! . . . OU VINDE EN COLECTIVO E APROVEITADE O DESCONTO.

Moitas grazas e moitas apertas