quinta-feira, 26 de março de 2009

Tapersex en Coruña

Convidámosvos a participar e divulgar esta interesante e anovadora actividade


"Erotica de mulleres e xoguetería (Tuppersex)" Lilith-Los Placeres de Lola


Tapersex para mulleres

1 abril

19 a 21 horas

A Nena Pepita (R/ Sam José, 2, Corunha)

lilith-los placeres de lola



Esta actividade ten tanto un fin formativo coma lúdico. O achegamento à temática faise desde a perspectiva de xénero, priorizando a retirada de mitos, tabúes e prexuizos deste sistema que nos domina. Convídanos a coñecernos, a desfrutar, a reivindicar, a reapropiarnos e descubrir a nosa sexualidade.

Tanto Lilith. Acción Social e Educativa como Los placeres de Lola son proxectos de mulleres feministas que cren nas redes de mulleres como piar básico de apoio.

O que queremos:

* Favorecer o autocoñecemento erótico.
* Facilitar a adquisición, desenvolvemento e interiorización de hábitos saudábeis, autoestima, seguridade e a posta en práctica a través do fomento da autoexploración sexual.
* Sensibilizar sobre a importancia do autodescubrimento do noso pracer, a través do coñecemento da nosa anatomía fisiolóxica, as tipoloxías de xoguetes eróticos que existen no mercado e o seu uso.

De que vamos falar:

· Aclaración de conceptos básicos: anatomía e fisioloxía sexual, pracer, xoguetería erótica.

· Reseña histórica: dildos, vibradores.

· Información do uso e práctica da xoguetería erótica (haberá opción de mercar os productos se algunha ten interese)

· Casos prácticos.

· Aclaración de dúbidas.

Ao final da actividade poderánse facer encargos de xoguetes ou productos eróticos.


Moitas grazas e moitas apertas