Con esta actividade pretendemos facer un achegamento da autodefensa feminista para mulleres que traballan con mulleres. Trátase dunha formación difícil de atopar no territorio galego, e que consideramos oportuno para o currículo das profesionais do eido do xénero. Pola súa extensión (8 horas), consideramos que é un primeiro achegamento a esta formación que pode servir de semente para continuar a quen así o decida.
Destinatarias (por orde de preferencia):
1º.- Asociacións de mulleres, preferentemente de Vigo
2º.- Vogalías e secretarías da muller da cidade
3º.- Mulleres profesionais de Vigo que traballen con mulleres en institucións públicas ou privadas e que apliquen a perspectiva de xénero e de igualdade de oportunidades na súa practica profesional.
IMPORTANTE: Co obxecto de ofrecer o curso ao maior número de colectivos, só aceptarase a incrición de 2 participantes por entidade ou asociación.
Docente: Conchi Arnal Claro: Monitora especializada en técnicas de autodefensa con 25 anos de experiencia con grupos de mulleres.
Metodoloxía:
A metodoloxía é práctica e participativa. Faránse exercicios de quentamento, e aprendizaxe e automatización de técnicas básicas de autodefensa. Ademais de xogos e dinámicas que permitan liberar tensións, recoñecer sensacións de medo, e exercitar actitudes baseadas na seguridade nunha mesma.
Obxectivos:
- Achegar as prácticas e a filosofía da autodefensa para mulleres desde a perspectiva do xénero.
- Preparar fisicamente ás participantes para que poidan sentirse en forma, a gusto consigo mesmas e para que sexan capaces de repeler un ataque corporal de tipo violento.
- Preparar as mulleres para que poidan liberarse do medo, atopar seguiridade en si mesmas, e dotarse de mecanismos para utilizar ante ataques verbais e vexatorios.
- Romper estereoripos e roles adquiridos a través da educación que reforzan actitudes desiguais para mulleres e homes.
- Complementar a formación das mulleres profesionais que xa traballan con mulleres
Prazas Gratuítas: Máximo de 25 participantes.
Inscricións: As inscricións ralizaranse na Concellería de Igualdade. 1ª planta da Casa do Concello. Teléfono 986 810 284 en horario de
Nenhum comentário:
Postar um comentário