quarta-feira, 14 de outubro de 2009

Curso de Ioga para Mulleres Embarazadas























Lilith fai unha nova proposta en colaboración co Centro Sociocultural da Trisca de Santiago de Compostela.


Curso de Ioga para Mulleres Embarazadas.

(a partir da 12 semana)


Todos os martes a partir do 20 de outubro
de 7:30 a 21:00h
Profesora: Rocío Rodriguez Ferreiro


Inscripcións no tlf 981-571469 (tlf de Lilith)

Límite de prazas

Gratuito

* (será preciso un certificado médico que garanta que se pode facer Ioga).
O Exercício do Ioga durante o embarazo favorece:
  • Tomar conciencia sobre o corpo e recoñecer as necesidades propias.
  • Relaxarse e ereducir ou evitar o estrés.
  • Diminuir as molestias que poden acompañar o embarazo.
  • Ser consciente do bebé e procurarlle un desenvolvemento san.
  • Fortalecer e flexibilizar os músculos das pernas para levar mellor o peso.
  • Desbloquear as costas e a pelvis preparándoas para o parto.
  • Activar a circulación do sangue e da linfa, previndo as varices e a retención de líquidos.
  • Desenvolver unha actitude positiva.
  • Predispoñernos para estar nas condicións físicas e mentais que favorecen o parto.
  • Aumentar os noveis de enerxía de cara ao parto e para a recuperación posterior.
  • Etc...